Curso de Deseño Gráfico

 

Como vos tiñamos dito, xa temos dispoñible a inscripción ó curso de Deseño Gráfico que a ADCG organiza. Será os días 19,20, 26 e 27 de abril de 18:00 a 20:00 horas na Aula 3 de Informática da Facultade de Veterinaria. Sila Cela, licenciada en Comunicación Audiovisual e con ampla experiencia no campo, ensinaranos a:
-Deseñar póster e presentacións científicas.
-Usar programas de deseño de libre acceso.
-Fotografía científica e mellora fotográfica.
Ademais traballaremos cada un cos seus propios casos.
Podedes inscribirvos en adcgalega@gmail.com ata o día 15 de abril.
Contamos con vós!