O vindeiro xoves 28 de abril ás 20:30h terá lugar na Cafetería Noroeste (Estrada da Granxa, fronte ó aulario da Facultade de Veterinaria) a actividade "Monólogos Científicos" que realizamos en colaboración con AENDA. Eva Cabanelas  presentaranos en clave de humor a súa visión do mundo da ciencia. A actividade ten como finalidade recaudar fondos para axudar á Protectora de Animais de Lugo. Asiste e colabora!