Esta sección do blog da Asociación de Divulgación Científica de Galicia está dedicada á difusión de entrevistas a persoas involucradas no mundo da investigación, dentro de diversas disciplinas. A finalidade das mesmas é transmitirnos o seu coñecemento coa súa vida como fonte de saber e divulgar os seus proxectos para acercalos á sociedade. Porén tamén se engadirán persoas cuxa traxectoria profesional nos parece importante dar a coñecer. As entrevistas realizaranse na lingua pactada entre o entrevistado e o entrevistador, e salvo casos puntuais nos que consideremos que a falta de tradución dificulta a comprensión, colgaranse en versión orixinal, é dicir, sen tradución.