1. Podería explicarnos en que consiste o seu traballo?

Actualmente son profesora de Xeografía e Historia en Ensino Medio onde imparto aulas da materia de Ciencias Sociais, traballo que compaxinei coa realización da tese doutoral en Ciencias Políticas que acabo de ler fai uns meses.

     En que consistiu a súa tese doutoral?

A miña tese centrouse na análise das accións sociais desde distintos ámbitos contra os agravios xurídicos que afectaban ás mulleres galegas no período comprendido entre 1812 e 1981, é dicir entre a promulgación da primeira Constitución Liberal da historia do estado e a Transición Política na Galiza.

Por que realizaches a tese en Ciencias Políticas sendo Licenciada en Historia?

Porque na Facultade de Ciencias Políticas teñen unha área específica de xénero e gustábame a liña de investigación da miña titora.

 

  1. Cando comezou a interesarlle a súa área de traballo? Canto tempo fai que se dedica a isto?

Xa me comezou a interesar durante a realización da Licenciatura en Historia, porén empecei a dedicarme á investigación propiamente fai 8 anos, cando decidín comezar a tese. 

 

  1. Cales son as cousas que diría que máis a inspiraron ou animaron a seguir adiante nos momentos máis difíciles da súa carreira profesional?

Non considerar o traballo que empecei a facer como perdido.

 

  1. Cal foi a súa maior decepción e en contraposición o momento máis emocionante da súa carreira profesional?

A maior decepción pode que sexa a dificultade para atopar fontes a nivel documental relacionadas con algúns capítulos da tese. E o mellor momento cando acabei (risos), ... non, quizais o traballo nos arquivos, pola sorpresa de a ver que encontras alí, é un lugar cun encanto especial.

Algún momento sentiu ganas de deixalo? Nese caso, que a animou a seguir adiante?

Nunca pensei en deixalo.

 

  1. Cales son os ingredientes indispensables para ser bo no seu traballo?

Durante a realización da tese é imprescindible a paciencia, sobre todo para conseguir superar os momentos nos que estás estancado, que son os máis difíciles, cando non che sae unha cousa. Tamén é importante saber manter unha certa disciplina.

No instituto aínda é moito máis importante a paciencia (risos), ... e intentar entender os rapaces que están nun momento bastante complicado da súa vida.

Ten vostede algunha persoa que admire dentro da súa profesión?

É difícil, ... a quen admiro, e que ten que ver co meu traballo docente, é a labor dos pais con respecto a algúns rapaces e o apoio que lle dan ós nenos.

 

  1. Se fora estudante e tivese a posibilidade de viaxar, onde estudaría?

En Portugal.

Por que?

É difícil escoller un motivo, polo encanto particular e porque me atrae.

Que consellos lle daría a alguén que quixese dedicarse ó mesmo que vostede?

Que teñan aínda que sexa un mínimo de vocación porque senón é un traballo moi sacrificado.

 

  1. De que maneira a súa investigación contribúe á sociedade?

Facendo visible o papel das mulleres na historia e a lentitude coa que se foron acadando as conquistas en materia de igualdade entre homes e mulleres.

 

  1. Cales son as dificultades existentes para que o coñecemento científico vaia máis aló das paredes da universidade?

A linguaxe das investigacións que ás veces é complexa e pouco atraínte para a maioría do público e o corporativismo que existe aínda hoxe nas universidades.

 

  1. Como describiría o día a día da súa profesión en dúas palabras?

Enérxica e imprevisible.

“A investigación que fixen contribúe a facer visible o papel das mulleres na historia e a lentitude coa que se foron acadando as conquistas en materia de igualdade” 

  

  1. Como lle gusta investir o seu tempo libre?

Participando en asociacións culturais, viaxando e estando coas amizades.

 

  1. Como compaxina o seu traballo coa vida familiar ou social?

Intentando distribuír o traballo en pequenas doses para poder dedicar cada día un tempo a estar coa miña xente.

 

  1. Se tivese que empezar de novo faríao todo igual?

Non sei, ... quizais si, pero seguro que cambiando algunha que outra cousa.

 

  1. Recorda algunha anécdota divertida ou inesperada que lle ocorrese en relación co seu traballo?

A primeira clase que din, quedei moi sorprendida cos comentarios dos alumnos, os rapaces agora son moi directos, moi distintos a cando eu era alumna.

 

  1. Para finalizar, podería dicirnos cal é “O LIBRO” indispensable para vostede?

"Menudas Historias de La Historia: Anécdotas, despropósitos, algaradas y mamarrachadas de la humanidad".