Somos un grupo conformado principalmente por doutorandos e alumnos de mestrado no ano 2014. O obxectivo da nosa asociación é activar a Universidade de Santiago de Compostela, en especial o Campus de Lugo, onde está a nosa sede. Facelo máis atractivo e propor novas actividades que complementen a formación dos alumnos. Ademais, queremos fomentar o coñecemento da ciencia fóra do ámbito da investigación para que a sociedade coñeza as utilidades e importancia do seu papel na vida común. Facendo énfase nos distintos proxectos que se levan a cabo na Universidade de Santiago de Compostela.

Para calquera consulta ou suxerencia podédesnos escribir ao correo electrónico (adcgalega@gmail.com), na nosa páxina de facebook ou twitter ou podedes encontrarnos no local de asociacións nº 1 da Facultade de Veterinaria de Lugo (na sala de lectura que está dentro do aulario).