Os Science Clips son charlas breves sobre distintos ámbitos da investigación, que teñen como obxectivo transmitir e dar a coñecer os estudos realizados por doutorandos ou xoves investigadores á sociedade, e en especial, ao ámbito académico da Universidade de Santiago de Compostela, para demostrar as posibles utilidades que teñen na vida diaria. Neste blog iremos colgando os resumos dos distintos Science Clips que se realizaron xa dende o ano 2014 e que continúan neste curso académico.